Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia máis alta de covid en Galicia dáse entre os maiores de 80 anos

A incidencia máis alta de covid en Galicia dáse entre os maiores de 80 anos

Segue o incremento de infeccións de covid e preocupan as persoas vulnerables

O número de casos entre os maiores de 80 anos supera a barreira dos 2.300 por cada 100.00 habitantes e achégase aos 2.000 nos maiores de 60

G24.gal 30/04/2022 12:21

O sistema de vixilancia epidemiolóxica mudou hai unhas semanas e as probas de detección da covid resérvanse nesta nova fase para os maiores de 60 anos.

Tendo en conta eses cambios no sistema de control, a incidencia en Galicia mantén unha tendencia ascendente e subiu máis dun 60 por cento desde a Semana Santa.

O grupo de idade coa incidencia máis alta é a dos maiores de 80 anos, supera a barreira do 2.300 casos por cada 100.000 habitantes. Se tomamos como referencia os maiores de 60 anos, a incidencia achégase aos 2.000 casos.

Son os casos que máis preocupan porque son as persoas máis vulnerables. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade