Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia española baixa dos 1.000 casos por primeira vez desde decembro

A incidencia española baixa dos 1.000 casos por primeira vez desde decembro

G24.gal 17/02/2022 19:12

A sexta vaga prosegue a súa tendencia decrecente tras unha xornada na que a incidencia por coronavirus baixa do limiar dos 1.000 casos e sitúase en 984, aínda que segue case duplicando o indicador de risco moi alto por transmisión. O ministerio notificou 34.213 novos contaxios e a ocupación nos hospitais continúa aliviándose.

España aínda se atopa moi por encima do indicador vermello por contaxio (fixado a partir dos 500 casos), pero cunha incidencia acumulada que diminuíu en 477 puntos na última semana, nun contexto no que as comunidades seguen comunicando, algunhas con maior atraso, os decesos que foi deixando esta onda, 360 no último día.

Á vez, continúa minorando o número de ingresos hospitalarios por covid-19, de forma que a ocupación de críticos en UCI baixou esta semana do 16,9 % ao 14,4 % (de risco alto a medio), así como a de pacientes en planta, que o fai do 10,3 % ao 8,2 %, moi por baixo do limiar de máxima precaución (15 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar