Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia en España aumenta case 100 puntos durante a fin de semana

A incidencia en España aumenta case 100 puntos durante a fin de semana

Ningunha comunidade baixa do risco alto de transmisión da covid

G24.gal 20/12/2021 21:00

As comunidades autónomas notificaron este luns ao Ministerio de Sanidade 79.704 novos casos de covid-19, 9.993 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son moi superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 49.802 positivos, o que evidencia a gran tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.535.231 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 609,38, fronte a 511,00 do venres. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 289.156 positivos.  

No informe deste luns engadíronse 85 falecementos, en comparación con 103 o luns pasado. Ata 88.793 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 196 persoas con diagnóstico de Covid-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 7.501 pacientes ingresados por coronavirus en toda España (6.667 venres) e 1.442 en UCI (1.306 venres). Nas últimas 24 horas, producíronse 912 ingresos (839 venres) e 407  altas (743 venres). A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 6,03 por cento (5,35% venres) e nas UCI no 15,49 por cento (14,03% venres).   

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 13,89 por cento, fronte ao 12,24 por cento do venres. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como controlada a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos