Publicador de contidos
Publicador de contidos

A incidencia en España supera os 100 casos por primeira vez en dous meses

A incidencia en España supera os 100 casos por primeira vez en dous meses

Navarra entra no risco extremo de transmisión do virus

G24.gal 18/11/2021 19:40

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 6.315 novos casos de covid-19, 3.932 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 4.286 positivos, o que evidencia a tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.074.027 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 104,29, fronte a 96,12 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 49.485 positivos.

No informe deste xoves engadíronse 29 falecementos, en comparación con 30 o mércores pasado. Ata 87.804 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 157 persoas con diagnóstico de covid-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 2.308 pacientes ingresados por covid-19 en toda España (2.260 onte) e 457 en UCI (447 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 299 ingresos (339 onte) e 264 altas (242 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,86 por cento (1,82 % onte) e nas UCI no 5 por cento (4,90 % onte). 

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 4,34 por cento, fronte ao 4,21 por cento de onte. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como "controlada" a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade