Cargando resultados...
A incidencia en España baixa 133 puntos nunha fin de semana que deixa 464 mortos
O descenso da transmisión provoca unha relaxación da presión hospitalaria
A pandemia suma 48.778 novos contaxios durante a fin de semana

G24.gal
21/02/2022 20:25
A incidencia por covid–19 baixa 133 puntos, ata 786 casos, durante a fin de semana, período en que a pandemia sumou 48.778 novos contaxios e 464 mortes máis.
Segundo a actualización de datos do Ministerio de Sanidade, o descenso da transmisión provocou unha relaxación da presión hospitalaria, coa ocupación en planta do 7,5 % (tres décimas menos que o venres) e a das UCI no 13,2 (cinco décimas menos).