Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia baixa 126 puntos desde onte en España

A incidencia baixa 126 puntos desde onte en España

O Ministerio notificou 393 falecementos, en comparación con 183 a semana pasada

Segue descendendo a presión hospitalaria tanto en UCI como en planta

G24.gal 10/02/2022 19:28

As comunidades autónomas de España notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 53.055 novos casos de covid–19. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 74.368 positivos, o cal expresa a tendencia á baixa na evolución da pandemia. Ademais, a incidencia acumulada descendeu 126 puntos desde onte.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 10.555.196 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 1.566,97 fronte a 1.692,52 de onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 742.512 positivos.  

No informe deste xoves engadíronse 393 falecementos, en comparación con 183 o xoves pasado. Ata 95.606 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 775 persoas con positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 13.623 pacientes ingresados e positivos en COVID–19 en toda España (14.440 onte) e 1.633 en UCI (1.700 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 1.180 ingresos (1.396 onte) e 1.938 altas (2.060 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 10,92 por cento (11,58 % onte) e nas UCI no 17,41 por cento (18,12 % onte).   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade