Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia crece cinco puntos en España e aumentan as hospitalizacións

A incidencia crece cinco puntos en España e aumentan as hospitalizacións

Contabilízanse vinte falecementos

Sanidade asegura que hai un aumento das hospitalizacións de xente non vacinada

 

G24.gal 11/11/2021 21:23

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 4.286 novos casos de covid–19, 2.487 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 3.291 positivos, o cal evidencia a tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.042.803 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 67,07, fronte a 62,67 o mércores. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 31.825 positivos.  

No informe deste mércores engadíronse 30 falecementos, en comparación con 15 o xoves pasado. Ata 87.647 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio. Na última semana faleceron 170 persoas con diagnóstico positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 1.933 pacientes ingresados por coronavirus en toda España (1.903 o mércores) e 395 en UCI (403 o mércores). Nas últimas 24 horas, producíronse 274 ingresos (241 o mércores) e 220 altas (203 o mércores). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,56 por cento (1,54 % o mércores) e nas UCI no 4,33 por cento (4,42 % o mércores).   

Mentres, a taxa de positividade sitúase no 3,41 por cento, fronte ao 3,38 por cento do mércores. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como controlada a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade