Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia acumulada pola covid roza os 200 casos por 100.000 habitantes en España

A incidencia acumulada pola covid roza os 200 casos por 100.000 habitantes en España

Galicia é xunto a Andalucía e Murcia unha das 3 comunidades con menor presión asistencial nas UCI

G24.gal 29/11/2021 19:39

España rexistra unha incidencia de 199 casos de covid por cada 100.000 habitantes en 14 días, tras unha fin de semana no que se notificaron 22.911 novos contaxios, cunha ocupación nas unidades de coidados intensivos ao 7,3%.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, España non superaba os 20.000 contaxios en fin de semana desde o 23 de agosto, cando se notificaron 23.899 e unha incidencia de 139 puntos, nun contexto de descenso da quinta onda.

Na última semana os indicadores da pandemia en España empeoraron: a incidencia creceu en 60 puntos cun total de 50.608 novos contaxios, mentres que a presión nas UCI subiu nesta semana do 5,9% ao 7,3% actual. Os pacientes en UCI pasaron de 547 a 673 e notificáronse 142 falecementos, 47 cada día.

Seis comunidades duplican a porcentaxe de risco en UCI: son Castela e León (13%), País Vasco (11,6%), Aragón (11,8%), Navarra (10,1%) e Comunidade Valenciana (10%) son as rexións cunha maior porcentaxe de ingresados graves por coronavirus e duplican o limiar de risco do 5% establecido por Sanidade. 

Por contra, Estremadura (2,5%), Galicia (3,3%), Andalucía (3,4%) e Murcia (3,4%), son as que menor presión teñen sobre estas unidades.

A transmisión sobe en todas as comunidades tras a fin de semana e Navarra convértese no primeiro territorio en alcanzar o risco extremo -máis de 500 casos segundo o novo semáforo covid, cunha incidencia de 571.

En risco alto -entre 300 e 500- están País Vasco con 446 casos e Aragón con 348, mentres que a maioría de comunidades atópanse en risco medio (entre 100 e 300): Asturias (173), Baleares (248), Canarias (175), Cantabria (153), Castela-A Mancha (115), Castela e León (237), Cataluña (263), Comunidade Valenciana (209), Galicia (187), Madrid (134), Murcia (212), A Rioxa (197) e Melilla (161).

Andalucía (98), Estremadura (84) e Ceuta (96) son os únicos territorios en risco baixo de transmisión, entre 50 e 100 casos, mentres que ningunha comunidade está en circulación controlada (menos de 50 casos).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos