Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ilusión atravesa a porta do vestiario do Rácing

A ilusión atravesa a porta do vestiario do Rácing

Señé: "Hai que obter a salvación canto antes mellor para mirar outros obxectivos"

G24.gal 31/01/2024 15:56 Última actualización 31/01/2024 15:59

Aínda resoa en Ferrol o eco da gran vitoria do Rácing no Molinón, así o pensa Josep Señé.

"O triunfo foi incrible para todos".

Un triunfo que pon o obxectivo da permanencia preto. Co descenso a 17 puntos e nas lindes do ascenso directo, a ilusión atravesa a porta do vestiario. Arestora, ninguén lle pon teito

"Hai que obter a salvación canto antes mellor para mirar outros obxectivos".

Afirma Señé que non Rácing a ambición é innegociable. Se cadra é por iso tamén o segundo equipo mellor a domicilio.

"É vital (gañar fóra) por iso gañamos nos lugares onde gañamos".

En Ferrol queren manter esta semana as boas sensacións por moito que o rival de quenda sexa o Eibar, co que mantén un apaixonante tirapuxa pola segunda praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade