Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rematan as restricións horarias na hostalería

Rematan as restricións horarias na hostalería

Rematan as restricións horarias para os establecementos hostaleiros, que poderán facer a xornada que teñan na licenza

A xustiza avala a prórroga do pasaporte covid e será obrigatorio ata o 26 de febreiro

G24.gal 11/02/2022 14:44

Rematan as restricións horarias na hostalería, e os establecementos recuperan a xornada que teñan fixada na licenza. 

Os restaurantes poderán abrir ata as 02:00, e bares e cafeterías ata as 2:30. As noites de fin de semana ou véspera de festivo, ampliarán media hora máis.

Recuperar esa normalidade é "un grande incentivo" para o sector, di o presidente da asociación de hostaleiros de Compostela, Thor Rodríguez. "Había moitos bares sufrindo por non poder servir copas, ou restaurantes que vían minguado o horario de servizo" explica. 

Ao ter que pechar antes, perdían sobre todo o consumo nas sobremesas. "Antes a xente alongaba a conversa, tomaban unha copa" explica o hostaleiro compostelán Borja Portals. Cre que coa recuperación do antigo horario, recuperarase "esa normalidade".

Tamén amplía horarios o ocio nocturno. Se ben os pubs xa traballaban con normalidade, as discotecas e salas de festas poderán estirar a noite: ata as 06:00 entre semana, e media hora máis nas fins de semana. 

Seguen en vigor as medidas sanitarias: a máscara é obrigatoria no interior e tamén será necesario presentar o pasaporte covid para entrar aos establecementos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou prorrogalo ata o próximo 26 de febreiro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade