Publicador de contidos

Publicador de contidos

Logo de tres meses de guerra, non se albisca a fin da invasión rusa de Ucraína

Logo de tres meses de guerra, non se albisca a fin da invasión rusa de Ucraína

Moscova non completa os seus obxectivos e Kíiv rexeita ceder territorio

 

 

G24.gal 22/05/2022 20:41 Última actualización 22/05/2022 20:58

O presidente de Polonia, o primeiro líder estranxeiro que acode ao parlamento ucraíno desde a invasión, dixiriuse ás voces que desde Europa piden que Ucraína acepte as condicións de Putin para poñerlle fin á guerra. Duda díxolles que só Ucraína ten dereito a decidir sobre o seu futuro.

E o que di Ucraína é que non acepta acordos de alto o fogo que impliquen cederlle territorio a Rusia porque serían contraproducentes. Un asesor de Zelenski explica que Moscova empregaría o parón para fortalecerse e atacar de novo con máis saña.

O presidente ucraíno aproveitou o apoio do seu homólogo polaco para reiterar a súa esperanza de que o país se converta en candidato á Unión Europea o mes que vén. Afirmou que Ucraína pertence á comunidade europea desde hai moito.

Parte de guerra

No terreo de batalla, os combates máis intensos rexístranse en Lugansk. Rusia trata de facerse co 10 % que lle falta desta rexión do Donbás. 

As tropas ucraínas din que o inimigo causou polo menos nove mortos civís nas últimas horas e que está a reproducir o modelo de destrución que aplicou en Mariupol. Eles claman pola chegada de armamento occidental. Esperan así equilibrar forzas e poder contraatacar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade