Publicador de contidos
Publicador de contidos

A gripe volve despois de dous anos con moitas medidas de protección para non infectarse da covid

A gripe volve despois de dous anos con moitas medidas de protección para non infectarse da covid

Os expertos insisten en que a vacina é a mellor protección para os máis vulnerables

O uso de máscara segue sendo recomendable en espazos moi concorridos

Consulta médica dunha infección respiratoria
G24.gal 20/11/2022 21:06 Última actualización 20/11/2022 21:22

O incremento de virus respiratorios constátase xa en todas as idades, pero con afectacións diferentes. Como xa pasou no hemisferio sur, este ano a gripe volve con virulencia porque se relaxaron as medidas de protección da pandemia, tal e como afirma Amós García, presidente da Asociacións Española de Vacinoloxía.

Cando falamos dunha enfermidade como a gripe falamos sempre dun problema que lles afecta a miles e miles de persoas, polo tanto hai que entender que, aínda que para a inmensa maioría da poboación é un cadro clínico moi molesto pero que non ten excesiva transcendencia clínica, hai outros sectores da cidadanía que son os máis vulnerables aos que unha gripe pode crearlles un problema de saúde moi serio. Son precisamente aos que vai dirixida a vacinación.

Esta é a medida fundamental de protección para os maiores, sen descoidar outras como o lavado de mans ou o uso de máscara en contextos de moita xente, di García.

Tendo en conta que estamos nun momento absolutamente importante para a evolución da pandemia, este inverno vai ser clave para identificar cal pode ser o principio da fin do drama. Eu creo que o uso da mascara, onde está definida a obrigatoriedade e o uso recomendable para as persoas vulnerables en determinados ámbitos, creo que é unha ferramenta importante. 

Os expertos insisten en que a protección nestas datas será definitoria e permitirá relaxar medidas nas próximas estacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar