A gran maioría dos galegos non deixaron de usar a máscara no exterior
Malia que o seu uso non era obrigatorio ao aire libre, moitos optaron por levar protección
A obrigatoriedade da máscara nos exteriores é un paso atrás na pandemia, pero o certo é que tampouco cambiará moito as cousas para os galegos. A nosa é das comunidades onde máis se usa a máscara pola rúa.
Desde que hai sete meses en que deixou de ser obrigatoria nas rúas, puidemos ver grandes diferenzas entre unhas cidades e outras respecto ao uso das máscaras. Nunhas a maioría optou por seguir usando protección malia e noutras comezou a ser cada vez menos frecuente, incluso en lugares onde se producían aglomeracións.
Coas rúas menos transitadas ou con máis xente a gran maioría dos galegos optou por seguir levando a máscara. Desde o comezo da pandemia é a imaxe máis habitual.
Polo que a volta á obrigatoriedade do uso da máscara ao aire libre non suporá cambios para os galegos que nunca deixaron de usala.
A máscara volve ser obrigatoria salvo na práctica de deporte cando sexa individual e espazos naturais sempre que poidamos gardar a distancia de seguridade.