Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno ve "normal" que a Fiscalía Europea investigue os contratos públicos a Barrabés

O Goberno ve "normal" que a Fiscalía Europea investigue os contratos públicos a Barrabés

Begoña Gómez reapareceu nun mitín con Pedro Sánchez, horas despois da súa imputación
G24.gal 06/06/2024 14:26

Os socialistas pechan filas con Pedro Sánchez e coa súa muller que reaparecía onte en Málaga nun mitin co presidente trala súa imputación. Apoio público nun momento en que a presión xudicial está en aumento. 

A xustiza ten baixo lupa a súa relación co empresario Juan Carlos Barrabés. A muller do presidente escribiu varias cartas de recomendación para que as súas empresas optaran a 10 millóns de euros en contratos públicos. Agora a Fiscalía Europea quere saber se se utilizaron fondos comunitarios. E enviou a UCO á sede da empresa pública Red.es en busca de probas. 

Levaron todos os correos electrónicos do expediente e discos duros. A investigación do organismo europeo prodúcese días despois de que lle preguntaran ao xuíz que instrúe o caso por esa posibilidade. 

O Goberno insiste en que non hai nada e nega inquietude. A vicepresidenta e candidata do PSOE ás eleccións europeas, Teresa Ribera, di que "é normal por que a Fiscalía Europea queira clarificar as súas dúbidas".  Pero a presión do PP vai a máis. Feijóo lémbralle a Pedro Sánchez que "non vai poder controlar a Fiscalía Europea, como fai co Fiscal Xeral do Estado".

O PP di que esta operación bota por terra toda a argumentación de Pedro Sánchez de que a investigación é unha manobra da dereita e ultradereita para sacalo da Moncloa e ínstao a non agocharse tralo informe da UCO que non ve irregularidades. Segundo Feijóo ese informe "estaba recortado e foi unha filtración". Palabras que están a levantar polémica. O ministro do Interior cualificas de despropósito e esíxelle que pida desculpas e se retracte por poñer en dúbida o traballo da Garda Civil.  A resposta do PP chegou nas redes sociais. Miguel Tellado nega que o presidente do PP cuestionara a profesionalidade da Garda Civil e pídelle ao PSOE que deixe de "mentir e manipular". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade