Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil propón a sanción a 4 persoas da Coruña por queimas non autorizadas

A Garda Civil propón a sanción a 4 persoas da Coruña por queimas non autorizadas

Os responsables afrontan sancións económicas que poderían chegar ata o millón de euros

Os axentes tiveron que actuar en Arteixo, Valdoviño, Aranga e Carballo

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 18/08/2025 11:12

Nesta fin de semana catro persoas foron propostas pola Garda Civil da Coruña para sanción por realizar queimas non autorizadas, incumprindo as restricións de seguridade na época de alerta máxima por incendio forestal.

Estas accións implican unha serie de sancións económicas que van dende os mil ata o millón de euros, pois considérase unha infracción grave da Lei de Montes. 

Segundo o Instituto Armado, os axentes detectaron varias grelladas que non cumprían coas normas en Arteixo, unha fogueira dentro dunha leira en Carballo, unha queima de vexetación en Aranga e outra de restrollos en Valdoviño.

Todas as actuacións viñeron precedidas de denuncias cidadás que alertaban sobre as infraccións.

As actuacións remataron da mesma forma, a Garda Civil obrigou os responsables a apagar o lume no momento e propúxoos para sancións administrativas.

O corpo de seguridade volveu incidir na importancia da colaboración cidadá nestes casos, lembrando que se alguén ten calquera tipo de información ou denuncia dun caso similar a estes, pode comunicarllo a través do teléfono de emerxencias 062.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade