Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga dous condutores por facer carreiras ilegais na A-6

A Garda Civil investiga dous condutores por facer carreiras ilegais na A-6

Os vídeos das competicións circulaban polas redes sociais

G24.gal 29/01/2022 10:43

A Garda Civil investiga dúas persoas por realizar carreiras ilegais na A-6, no concello de Outeiro de Rei. Logo de localizar varios vídeos nas redes sociais, abriu unha investigación para tentar localizar os dous condutores dos vehículos implicados, un deles modificado.

Facían competicións de aceleración e en paralelo en plena autovía, coñecidas como "lanzadas". Segundo se pode apreciar nas gravacións, nesas carreiras coinciden con outros vehículos e poñen en risco a súa seguridade.

Os condutores foron imputados en calidade de investigados como supostos autores de delitos contra a seguridade viaria e de condución temeraria, e instruíronse as dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

Coche modificado

Os vehículos utilizados quedaron ao dispor da autoridade xudicial. Ademais, ao titular do coche modificado instruíronselle denuncias por circular coa ITV caducada, carecer de seguro obrigatorio e efectuar reformas de importancia.

A Garda Civil agradece a colaboración da cidadanía que alerta destas condutas perigosas e lembra que o Código Penal establece para este tipo de delitos unhas penas de prisión de ata dous anos e a privación do dereito de conducir durante un período dun a seis anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade