Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha veciña de Sanxenxo por levar cartos e alcol dun bar

Investigan unha veciña de Sanxenxo por levar cartos e alcol dun bar

A muller, de 61 anos, apoderouse duns 700 euros en efectivo da caixa rexistradora, ademais de varias botellas de bebidas alcohólicas

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 12/05/2026 10:42 Última actualización 12/05/2026 11:43

A Garda Civil investiga unha veciña de Sanxenxo, de 61 anos e natural de Cáceres, como presunta autora dun delito de roubo con forza cometido nun bar da devandita localidade pontevedresa a finais do pasado mes de abril.

Os feitos ocorreron durante a madrugada, cando a autora presuntamente forzou o acceso ao interior do local aproveitando a ausencia de persoas no establecemento. Unha vez dentro, apoderouse duns 700 euros en efectivo da caixa rexistradora, ademais de varias botellas de bebidas alcohólicas.

Tras a denuncia formulada polo responsable do negocio, iniciáronse as xestións necesarias co obxectivo de esclarecer os feitos e identificar á presunta autora do roubo. Todo iso permitiu identificar a muller, procedéndose á súa investigación.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Tribunal de Instancia e Instrución de Cambados, onde deberá comparecer a agora investigada cando sexa citada para iso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade