Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil ensínalles o seu traballo aos cativos de Bergantiños e da Costa da Morte

A Garda Civil ensínalles o seu traballo aos cativos de Bergantiños e da Costa da Morte

1.600 escolares asisten a unha exhibición de todas a unidades operativas en Vimianzo

O Grupo de Montaña fixo un rescate e as unidades caninas buscaron droga e explosivos

Os escolares colaboraron coa campaña da Garda Civil para o Banco de Alimentos 

G24.gal 02/12/2022 14:02

O helicóptero do Servizo Aéreo de rescate da Garda Civil aterrou no patio do colexio de Vimianzo para unha misión especial. O obxectivo era que uns 1.600 alumnos dos centros de Bergantiños e da Costa da Morte puidesen subir a bordo aínda que só fose de pasada. A presenza do helicóptero formaba parte da exhibición que as distintas unidades da Garda Civil organizaron no pavillón lindeiro para que os escolares puidesen ver máis de preto o seu equipamento e a sua maneira de traballar. 

Á parte de despertar vocacións o que queremos é que nos vexan como un corpo de seguridade achegado

 Coa Unidade de Tráfico puidéronse subir as motos, na de Actividades Subacuáticas permitíronlles probar os seus traxes. Os especialistas de Criminalística ensináronlles a pescudar as pegadas e os axentes do Grupo de Intervención en Montaña organizaron todo un simulacro de rescate que espertou o entusiasmo xeral. Outra das exhibicións que lles chamou moito a atenció foi a dos cans adestrados para a busca de persoas, drogas ou explosivos. 

A Garda Civil colabora habitualmente cos centros que participaron na exhibición no marco do Plan Director do Ministerio de Educación. Os axentes van aos colexios para explicar o seu traballo e para dar charlas sobre os principais problemas de seguridade que poidan ter os pequenos.

"Falámoslles de problemas coma o acoso ou as redes sociais", explica Lola Amado, portavoz da Comandancia da Garda Civil da Coruña. 

A exhibición de Vimianzo tivo a maiores un propósito solidario. Cada alumno achegou algún alimento non pereceiro para a campaña coa que a Garda Civil colabora co Banco de Alimentos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade