Cargando resultados...
Detido en Avilés o presunto autor da agresión sexual a unha menor en Ribadeo
O detido pasará a disposición xudicial nas próximas horas

G24.gal
14/09/2022 12:29
A Garda Civil detivo está mañá en Avilés o presunto autor dunha agresión sexual a unha menor en Ribadeo.
Fontes da Garda Civil informaron de que tiveron coñecemento en días pasados dunha suposta agresión sexual a unha menor de idade na localidade de Ribadeo, polo que puxo en marcha unha investigación para esclarecer os feitos.
Grazas a esas pescudas, foi identificado nas últimas horas o suposto autor da agresión. Os axentes localizárono en Avilés e detivérono. O detido pasará a disposición xudicial nas próximas horas.