Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirman que os restos óseos atopados en Badaxoz son da muller desaparecida en 2017

Confirman que os restos óseos atopados en Badaxoz son da muller desaparecida en 2017

A Garda Civil detivo dous irmáns da localidade de Hornachos, de onde tamén era a vítima, Francisca Cadenas, como sospeitosos da súa morte

G24.gal 12/03/2026 13:38

A Garda Civil confirmou que os restos óseos atopados no patio dunha casa veciña á da súa familia son os de Francisca Cadenas, a muller desaparecida hai case nove anos na localidade pacense de Hornachos.

Os propietarios da vivenda, dous irmáns, foron detidos como presuntos autores do crime.

Esposados e escoltados por varios axentes da Garda Civil. Así regresaban Julio e Manuel, dous irmáns de 50 e 55 anos, á súa casa da localidade pacense de Hornachos.

Foron arrestados este mércores despois de que se descubrisen restos óseos baixo o patio da vivenda. As análises biolóxicas confirmaron que corresponden a Francisca Cadenas, unha veciña desaparecida hai case nove anos e que residía a escasos metros da vivenda dos dous presuntos homicidas.

"Creo que a colaboración dos veciños de Hornachos foi exemplar desde o primeiro minuto. Lembro os momentos posteriores á desaparición de Francisca hai nove anos, e a resposta do pobo foi exemplar".

Os dous irmáns pasaron a noite nos calabozos do cuartel de Zafra, a 45 quilómetros de Hornachos, e regresaron para asistir ao rexistro da súa vivenda e doutras propiedades que teñen na localidade.

Nas próximas horas pasarán a disposición xudicial. O Concello de Hornachos decretou tres días de loito oficial en homenaxe a Francisca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade