Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca do home que atracou unha sucursal en Camariñas pistola en man

Continúa a busca do home que atracou unha sucursal en Camariñas pistola en man

O único empregado da oficina foi amordazado e atado polo atracador

G24.gal 28/02/2024 14:06

Pechada ata o vindeiro luns. Así permanece a axencia bancaria da Ponte do Porto, en Camariñas, onde un home duns 50 anos e un metro oitenta de estatura protagonizou o atraco a punta de pistola.

"Ía disfrazado cunha perruca loita, bigote postizo e lentes de sol. E levaba unha indumentaria de cor verde".

Foi directo onda o único empregado da oficina. Agrediuno coa pistola na cabeza e atouno cunhas bridas ata que abriu o caixeiro e puido subtraer os 40.000 euros que había, cos que fuxiu á carreira.

"Estivo atado a unha columna e despois el puido liberarse". "Ese empregado leva aquí quince días. Antes había outro. Pero tremendo susto tivo que levar".

Todo aconteceu en cuestión de minutos, e ninguén se decatou do que estaba acontecendo. Nin sequera os veciños máis próximos.

"Eu vivo arriba e non me decatei de nada ata que me chamou a miña filla. Baixei ver que pasara, pero como a policía me dixo que non podía estar alí, retireime".

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer os feitos e identificar o autor do atraco para poder prendelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade