Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por que non debemos avisar dos controis a través das app

Por que non debemos avisar dos controis a través das app

As app de avisos danlles impunidade aos delincuentes

A Garda Civil redeseña os controis para que non perdan o factor sorpresa

Proliferan os grupos de WhatsApp para avisar dos controis da Garda Civil
G24.gal 22/02/2024 14:43

Cando avisamos dun control de alcoholemia a través dun grupo de WhatsApp non só lle estamos permitindo a un borracho seguir ao volante por unha ruta alternativa co risco que iso supón. Tamén podemos poñer en perigo un dispositivo de vixilancia na busca de secuestradores, narcotraficantes ou terroristas. Delatar onde hai unha patrulla é case como converternos en cómplices dos que delinquen.

 "Podemos estar avisando o noso veciño pero a un tempo a calquera delincuente que está nesas redes sociais e que ve onde estamos e, polo tanto, vai eludir a nosa presenza", informa Héctor Teixeira, garda civil do Sector de Tráfico.

Eles saben perfectamente cando os delatan. O fluxo de tráfico pola zona baixa considerablemente e aumenta en vías alternativas.

"Iso provocou que modifiquemos a nosa forma de actuación que sexan controis máis rápidos, máis dinámicos, máis breves no espazo e sobre todo con esa intención de detectar esa xente que nos pon en risco a todos cando imos circulando", continúa.

Aínda que non hai unha lei que prohiba formar parte dun destes grupos de avisos, a Garda Civil lembra que facilitar datos que poñan en risco un dispositivo policial e a seguridade dos axentes é motivo de sanción e advirten que tamén podemos ser cómplices e incorrer nun delito de cooperación necesaria cos delincuentes. 

"Se o pensas así, si, pero nós podemos aforrar cen euros ou un susto que nos veña a policía entón á fin e ao cabo, a grandes trazos si que é malo, pero a nós dános igual", apunta un mozo.

Eles son os máis activos nestas redes sociais. Concienciar os máis novos e buscar a súa complicidade é outro dos obxectivos da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos