Cargando resultados...
A Galicia costeira será protagonista na Berlinale 2023
A Galicia costeira será protagonista na Berlinale 2023
Matria, de Álvaro Gago, competirá na sección Panorama.
Na carteleira, Un cielo impasible, de David Varela
G24.gal
19/01/2023 16:09
Nunca se escoitara tanto galego na Berlinale como vai acontecer na súa edición 73. O anuncio da presenza de Matria, de Álvaro Gago, súmase á xa coñecida Sica, de Carla Subirana. O filme do director vigués foi seleccionado para a sección Panorama. Unha película que nace da curta co mesmo título que en no 2018 conquistara o gran premio do xurado do festival de Sundance.
Na carteleira galega, o protagonismo é para Un cielo impasible, do director David Varela. Un filme que se achega ao acontecido na batalla de Brunete durante a Guerra Civil española a través dos ollos das novas xeracións.