A galega Rocío Candal, nova responsable de fútbol feminino do Éibar
A coruñesa incorporarase á dirección deportiva, asinando por dúas tempadas
Esta última tempada foi responsable de scouting no Grasshopper Club Zúric
Rocío Candal será a nova responsable de fútbol feminino na S. D. Eibar a partir da tempada 25-26, tras a marcha de Jordi Torres cando finalice a presente tempada.
Nada en 1996, a de Mesón do Vento (A Coruña), procede do GC Frauenfussball suízo, onde traballou esta tempada. Rocío Candal comezou as súas andainas na dirección deportiva cando se puxo á fronte da estrutura do equipo feminino do Deportivo da Coruña en 2022. Alí liderou a remodelación do equipo para tentar ascender a Liga F. O equipo non o conseguiu por pouco na tempada 22-23, cando o fixo o Eibar, pero si na seguinte, co bloque de xogadoras creado mentres ela dirixía a secretaría técnica.
Esta última tempada foi responsable de scouting no Grasshopper Club Zúric. A galega, de tan só 28 anos, incorpórase con ilusión e ganas para seguir traballando no desenvolvemento do fútbol feminino na entidade armeira.