Cargando resultados...
A gala solidaria da Asociación contra o Cancro na Toxa recada fondos para a investigación
O presidente da Xunta garantiu o compromiso do goberno autonómico para destinar recursos contra a enfermidade
G24.gal
07/08/2022 10:02
A illa da Toxa volveu acoller a gala solidaria da Asociación Española contra o Cancro. Cento cincuenta persoas do eido político, social e económico asistiron á cea que ten como obxectivo recadar fondos para a investigación contra esta enfermidade.
Entre os comensais estivo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que garantiu o compromiso do Goberno autonómico de seguir destinando recursos para a investigación, a prevención e o tratamento do cancro.