Cargando resultados...
Explorando as conexións surrealistas entre Eugenio Granell e Manuel Colmeiro
A Fundación Granell inaugura a exposición “Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio”
Inclúe obras e documentos de André Breton, André Masson, Wifredo Lam, ou Roberto Matta
A diáspora americana contextualiza a exposición que estará aberta ata o 10 de setembro
G24.gal
22/06/2023 13:29
A exposición Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o Surrealismo no exilio procura unha lectura do impacto do movemento surrealista na obra do pintor Manuel Colmeiro e as conexións coa obra de Eugenio Granell, da mesma xeración e figura de referencia do surrealismo.
O exilio americano é o pano de fondo dunha mostra comisariada por Carlos L. Bernárdez e que se enmarca no proceso de revisión da obra e da figura de Manuel Colmeiro á luz doutros contextos.