Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía galega pide prisión provisional para sospeitosos de provocar incendios

A Fiscalía galega pide prisión provisional para sospeitosos de provocar incendios

O Ministerio Público adopta esta medida para evitar a reincidencia tan estendida neste tipo de delitos

As penas por provocar un incendio pode chegar aos vinte anos de cárcere se hai danos para as persoas

G24.gal 14/08/2025 15:57

Prenden a chispa sen medir as consecuencias, sen ter en conta que a condena non depende da intención senón de como avancen as lapas. 

"Se se pon en perigo a vida humana ou a integridade humana, é unha pena elevada. Hai un abano que vai dende os dez aos vinte anos de prisións. Se non acontece esta circunstancia, poden chegar aos seis anos de cárcere", explica Evaristo Nogueira, avogado. 

Prenderlle lume ao monte non sae gratis. Nin sequera, coma no caso de Oímbra, cando estamos ante unha imprudencia grave, tamén penada por lei.

"Se con esta vaga de calor, alguén se pon a facer unha grellada no medio do monte, despois non apaga a brasa e iso provoca un incendio podería darse unha imprudencia grave reprochable dende o punto de vista penal, polo tanto, moito ollo!, advirte Nogueira.

Penas que aumentan no caso de ser reincidente, que entre os incendiarios pasa moito.

"Son persoas que normalmente non é a primeira vez que cometen este feito delituoso", aclara o avogado.

Precisamente por iso a Fiscalía da un xiro e vai pedir que se adopten medidas preventivas contra os detidos por queimar o monte. 

"O Ministerio Público pide que por reincidencia, pola posibilidade de volver a cometer o feito delitivo, se tomen medidas cautelares de prisión preventiva", engade Evaristo Nogueira. 

En Galicia, hai dez persoas que están sendo investigadas por provocar incendios este verán. Delitos difíciles de probar.

"Unha persoa que leva cousas que serven para queimar o monte, que non sexa a primeira vez que o fai, son indicios que poden converterse en proba de cargo", aclara Nogueira.

Só un de cada catro detidos acaba cumprindo condena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade