Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía Europea cita a Begoña Gómez como testemuña na investigación a Barrabés

A Fiscalía Europea cita a Begoña Gómez como testemuña na investigación a Barrabés

Barrabés, que codirixía o máster da Complutense coa muller do presidente do Goberno, está investigado por malversación, tráfico de influencias e prevaricación en contratos que recibiron a recomendación de Begoña Gómez

Begoña Gómez (Alberto Paredes / Europa Press) Begoña Gómez (Alberto Paredes / Europa Press)
G24.gal 27/03/2026 17:57

A Fiscalía Europea citou a Begoña Gómez declarar como testemuña na investigación aberta ao empresario Juan Carlos Barrabés e un directivo de Red.es por denuncias de malversación, tráfico de influencias e prevaricación en varios contratos que recibiron a recomendación da muller do presidente do Goberno.

O avogado de Begoña Gómez, Antonio Camacho, aludiu a esta citación no recurso de reforma presentado contra o auto do xuíz Juan Carlos Peinado, que propuxo que un xurado popular asuma o procedemento contra Begoña Gómez, que se investiga nun xulgado madrileño.

Fontes xurídicas confirman a EFE a citación recibida pola muller do presidente do Gobierno, sen concretar en que data está citada como testemuña.

A defensa de Begoña Gómez empregou esta citación, en calidade de testemuña, para subliñar que a esposa de Pedro Sánchez non está a ser investigada polos contratos adxudicados a empresas de Barrabés, aos que con todo o titular do Xulgado de Instrución número 41 de Madrid alude no seu auto, a pesar de non forma parte do procedemento.

A Fiscalía Europea asumiu a investigación destas denuncias porque afectaban á adxudicación de diversos contratos para o desenvolvemento de actividades de formación, financiadas polo Fondo Social Europeo, dado que esta institución é a encargada de investigar os delitos que atenten contra os intereses financeiros da UE.

A investigación da Fiscalía Europea foi iniciada en maio de 2024, nela elabóranse diferentes pescudas e na causa foron citados como investigados o empresario Juan Carlos Barrabés e a un directivo de Red.es.

Barrabés foi director do máster da cátedra da Universidade Complutense que codirixía con Begoña Gómez e foi beneficiario de varios contratos adxudicados á unión temporal de empresas Innova Next e Escola de Negocios The Valley pola entidade pública Red.es, financiados con fondos europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade