Publicador de contidos

Publicador de contidos

A final de Copa Federación Alzira-Arenteiro, o mércores 2 de novembro pola G2

A final de Copa Federación Alzira-Arenteiro, o mércores 2 de novembro pola G2

O equipo que saia campión remudará no palmarés da Copa o Córdoba

G24.gal 26/10/2022 11:24 Última actualización 26/10/2022 12:04

A final de Copa Federación, que xogarán o Alzira e o Arenteiro, xogarase o mércores 2 de novembro, a partir das 19.30, no estadio Luís Suñer Picó da citada localidade valenciana, e será ofrecida en directo pola G2.

O equipo valenciano, que na Copa do Rei se enfrontou ao Athletic, accedeu á loita polo título tras superar en semifinais ao San Roque de Lepe na quenda de penaltis (4-3) tras acabar o encontro con empate a dous. Con anterioridade, deixou na cuneta a Silla, Benigánim, Alcoiano, Formentera, Mar Menor e Villarubia.

Mentres, o cadro ourensán venceu en semifinais á Real Unión Irún (2-0) e antes a Rápido de Bouzas, Estradense, Compostela, Naval, Zamora e Panadería Pulido. O equipo que salga campión relevará no palmarés de Copa Federación ao Córdoba, que na última final superou por 1-0 ao Guijuelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar