Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fiscalía pide 12 anos de cárcere para as exmonxas de Belorado, e elas denuncian persecución

A fiscalía pide 12 anos de cárcere para as exmonxas de Belorado, e elas denuncian persecución

Son xulgadas polos delitos cometidos supostamente no trato a outras cinco relixiosas maiores que estaban ao seu cargo e tamén por apropiación indebida

G24.gal 01/07/2026 13:19

A fiscalía e a acusación particular piden 12 anos de prisión para cada unha das sete exmonxas de Belorado por seis delitos, entre eles os de coaccións e apropiación indebida.

As relixosas defenden a súa inocencia e din sentirse vítimas dunha persecución.

As exmonxas de Belorado serán xulgadas polos delitos de coaccións, trato denigrante, abandono e omisión de socorro presuntamente cometidos contra outras cinco relixiosas maiores que estaban ao seu cargo no mosteiro burgalés e posteriormente no de Orduña.

Ademais, impútanselles outros dous delitos, o de administración desleal e o de apropiación indebida, por abriren contas compartidas coas monxas anciás para facerse co control das súas pensións.

Despois de coñecerse a petición de penas, as exclarisas emitiron un comunicado no que se declaran inocentes e denuncian ser vítimas dunha persecución por rachar coa Igrexa católica.

"Seguimos dicindo que somos inocentes. Non coaccionamos nin atendemos mal nin agredimos ou maltratamos as nosas irmás maiores. E sen probas, eles son capaces de pedir 12 anos de cárcere para cada irmá".

O enfrontamento entre as exclarisas de Belorado e a Igrexa comezou en maio de 2024 coa publicación dun manifesto en que rexeitaban a autoridade do papa e que desembocou na súa excomuñón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade