Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Festa do Pan de Carral máis longa da súa historia remata achegando a tradición á mocidade

A Festa do Pan de Carral máis longa da súa historia remata achegando a tradición á mocidade

As oito panaderías que participaron din que superaron as previsións

G24.gal 16/05/2023 22:20 Última actualización 16/05/2023 22:32

Foron catro días de festa e desde a Asociación de Panadeiros fan balance da presente edición da Festa do Pan de Carral. Din que sobrepasaron toda previsión.

"Somos oito panaderías e multiplica 250 bolas por cada unha e uns vinte ou trinta bolos tamén por cada", detalla Manuel Rodríguez, presidente da asociación.

A cultura do pan de Carral pasou de xeración en xeración. Comezou sendo oficio de panadeiras. Hoxe en día é de homes. O seu segredo, dinnos, a calidade das fariñas, os formentos e a auga.

"Estamos no medio de dúas montañas, o monte Xalo e mais as Travesas. Aí hai mananciais de montaña que veñen ao río Barcés", explica o presidente da Asociación de Panadeiros.

Xunto á exposición e venda de pan, a festa sempre inclúe actividades para achegar as xeracións máis novas á tradición panadeira. Manuel, sétima xeración de panadeiros, considera vital non perder o saber do oficio e propón a creación dunha escola no concello.

"Panadeiros coma min e outros que van xa case na idade de xubilarse que poidan ensinarlle á xente que queira aprender o oficio". E seguir mantendo así un dos sinais de identidade da vila. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos