Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación estuda implantar un control económico en Primeira Federación

A Federación estuda implantar un control económico en Primeira Federación

Preparará un modelo baseado no "xogo limpo" financeiro da UEFA 

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 18/01/2023 13:15 Última actualización 18/01/2023 13:21

A Federación Española de Fútbol (RFEF) e os clubs que están a competir en Primeira Federación reuníronse este martes para tratar diversos asuntos relacionados cos dereitos de televisión e o sostemento económico da terceira categoría, entre os que destaca a futura implantación dun control financeiro para os participantes.

Os equipos manifestaron a súa preocupación sobre a viabilidade dunha división cuxa maioría de participantes está a sufrir perdas, en moitos casos millonarias. Os clubs e a federación coincidiron na necesidade de establecer un xogo limpo financeiro que controle de maneira máis estrita as contas dos equipos nunha categoría en que compiten presupostos moi dispares.

Neste sentido, os participantes, que xa están obrigados a presentar anualmente as súas contas auditadas, acordaron dar un paso máis e acreditar os seus orzamentos ante a RFEF antes de que comece a tempada.

Pola súa banda, a Federación preparará un sistema de control económico inspirado no modelo UEFA, que será votado formalmente nunha asemblea. Na cita tamén se analizou a poxa dos dereitos de televisión de Primeira Federación para a tempada 2023-2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos