Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación deixa a Rubiales sen soldo e sen coche oficial

A Federación deixa a Rubiales sen soldo e sen coche oficial

Pedro Rocha, presidente da Federación, activou "os protocolos internos como consecuencia da suspensión"

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 29/08/2023 18:06 Última actualización 29/08/2023 18:09

Luis Rubiales está suspendido pola FIFA durante os próximos 90 días. Suspensión que comezou  o pasado sábado. E agora, Pedro Rocha, presidente da Federación, activou, como recolleu no primeiro comunicado oficial, "os protocolos internos como consecuencia da suspensión".

Iso indica que queda sen unha parte de proporcional do seu soldo, que era de 339.237,12 euros anuais netos, procedentes da Federación, segundo as contas do ano 2022, e 250.000 euros máis como consecuencia do seu cargo de vicepresidente da UEFA, para o que tamén está suspendido.

A Federación, que xa pediu a dimisión de Rubiales tras a reunión extraordinaria dos presidentes das federacións territoriais, tenta agora afastarse ao máximo da etapa anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade