A familia de Paloma e India, vítimas do crime machista, pide unha lista pública de maltratadores
A familia de Paloma e India, vítimas do crime machista, pide unha lista pública de maltratadores
2.500 persoas concentráronse en Valladolid para esixir xustiza
Esixen a prisión permanente revisable para o asasino, parella de Paloma
Miles de persoas concentráronse este domingo no centro de Valladolid para apoiar a familia de Paloma e India, nai e filla, asasinadas pola parella da muller o 23 de xaneiro. O autor deste crime, que se autolesionou levemente tras acoitelalas, está en prisión provisional sen fianza.
"Queremos que todo o peso da lei caia sobre o asasino que vos quitou a vida de xeito tan cruel e inxusto e confiamos en que os que teñen esa responsabilidade, van facelo, por iso pedimos a pena máxima aplicable, a prisión permanente revisable".
Afirma María Pinedo, irmá de Paloma. A familia admite que iso non lles vai quitar a dor nin devolverlles a vida a Paloma e India pero si impedirá que o detido, con antecendentes por maltrato, cometa outro crime machista.
"É necesario crear rexistros públicos que nos permitan identificar aqueles que cometeron crimes ou agresións contra as súas parellas ou menores"
A concentración finalizou cun minuto de silencio.