Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia da nena falecida en Castelló por peritonite denunciará neglixencia médica

A familia da nena falecida en Castelló por peritonite denunciará neglixencia médica

Concentración en apoio da nena falecida por peritonite en Castelló
G24.gal 11/02/2023 21:06 Última actualización 11/02/2023 21:16

A familia da nena falecida por peritonite este luns en Castelló participou nunha concentración de recordo á cativa e volveu denunciar a "neglixencia médica" que -aseguran- provocou a morte da pequena. Apuntan que acudirán aos tribunais para que isto non volva suceder.

Arroupados por familiares, veciños e amigos de Emma, a nena de 12 anos falecida despois de ir tres veces a urxencias sen que lle diagnosticasen a peritonite que lle provocou a morte, os pais da cativa insisten en que a súa filla faleceu por unha neglixencia médica, tal e como relataba a nai, Beatriz Gascón e o pai, Ramón Martínez.

Se ves que unha nena que hai cinco anos que non vai ao médico vai por unha dor abdominal, non creo que custe tanto traballo dicirme "baixa ao hospital por se é unha apendicite", e que non me diga que non o é, que é un virus e que vaia para a casa. Creo que iso non é xusto nin hai dereito.

Está nas mans de avogados, imos estudalo todo e imos ver que pasou. Depurar responsabilidades e evitar que isto lle suceda a máis ninguén, nin nenos nin maiores. 

Reiteran que a cativa estivo oito días con dor e febre e non lle fixeron nin analítica nin ecografía que puidera detectar a doenza.
O Defensor do Paciente pediulle á Fiscalía que abra unha investigación por "delito de abandono".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade