Cargando resultados...
A falta de apoio económico provoca que Javier Pardo non compita este ano
É o vixente subcampión do supercampionato e gañador do rally de Ourense
G24.gal
03/02/2026 14:03
Última actualización 03/02/2026 14:09
Temos unha primicia que non nos gustaría dar. Un gran piloto que non vai correr este ano. O allaricense Javier Pardo, o subcampión do supercampionato e gañador do rally de Ourense do ano pasado, deixa de competir.
O piloto galego non conta con apoios económicos suficientes para afrontar a temporada que esixe un presuposto moi elevado para estar o máis alto nivel.
Javier Pardo pecha así 10 anos de crecemento onde estivo a un paso de ser o curso pasado, campión do mellor Campionato de España de rallys.
Non desbota volver correr en 2027 se atopa axudas económicas.