A factura eléctrica baixará un 30 % a partir do mes de maio
O Goberno di que a compensación ás eléctricas pagarana os consumidores
Conta atrás para a rebaixa da factura eléctrica despois da escalada de prezos dos últimos meses. A Unión Europea autoriza a España e Portugal a fixar finalmente o tope do prezo do gas en 50 euro megavatio a hora.
Unha medida que se vai traducir nunha rebaixa inmediata no mes de maio da factura eléctrica. A rebaixa será menor do obxectivo inicial marcado polo Goberno, pero estenderase durante todo un ano, co que se asegura a estabilidade dos prezos durante o próximo inverno.
Pero queda por saber quen pagará a rebaixa. A ministra adiantou que serán as eléctricas, que teñen beneficios extra, pero tamén os consumidores. Será unha medida temporal. O futuro pasa pola reforma do mercado regulador eléctrico en Europa e pola mellora das infraestruturas que permitan máis interconexión entre os países.