A excelencia de Jan Oblak evita o triunfo merecido do Celta ante o Atlético
Contra a lóxica do fútbol: perdeu quen tivo moitas máis e mellores ocasións
Houbo unha época na que Jan Oblak era a súa maxestade das porterías do fútbol español. Conquistou daquela catro zamoras seguidos. Aquel porteiro fabuloso rexurdiu en Balaídos con momentos incribles. Como cando, cunha veloz capacidade de reacción , sacou un tiro de Iago Aspas. Ou aqueloutro brazo dereito abaixo que sacou o canonazo de Reinildo. Foi o gran Jan Oblak. E contra el estrelouse o Celta na segunda metade. Contra as luvas do esloveno, ou contra o traveseiro. Caseque contra a lóxica do fútbol: perdeu quen tivo moitas máis e mellores ocasións.
O Atlético de Madrid xogou con dez dende o minuto 70, sobreviviu por Oblak e, após dun rebote, marcou o gol da vitoria no minuto 88.
"O noso porteiro fixo unhas grandísimas paradas. Necesitamos a Jan neste estado, no mellor Jan", expresou Koke Resurrección, o capitán do Atlético de Madrid.
A Real Sociedade é o vindeiro rival. O Celta queda con 23 puntos na clasificación, un colchón de 3 sobre o descenso.