Cargando resultados...
A estación intermodal da Coruña dá un paso máis coa súa licitación
A Xunta autoriza as obras da terminal de autobuses, o aparcadoiro e os elementos comúns
G24.gal
31/03/2022 15:03
O Consello da Xunta autorizou as obras para a construción da terminal de autobuses, o aparcadoiro e os elementos comúns da futura intermodal. Supón un investimento de 40 millóns de euros, dos que a Xunta achega preto de 19, o concello 13 e o ADIF oito.
A próxima semana a reunión do Goberno galego celebrarase na Coruña e dará máis pasos para o futuro desta infraestrutura estratéxica para a cidade.