Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresaria Carmen Pano ratifica no Supremo que entregou 90.000 euros na sede do PSOE

A empresaria Carmen Pano ratifica no Supremo que entregou 90.000 euros na sede do PSOE

O xuíz do Tribunal Supremo tamén lles toma declaración ao que fora número tres do Ministerio de Transportes e ao empresario Claudio Rivas

Carmen Pano, á saída do Tribunal Supremo este martes (EFE/ Blanca Millez)
G24.gal 25/02/2025 14:39

O maxistrado do Tribunal Supremo que investiga o exministro José Luis Abalos polo suposto cobro de comisións na compra de material sanitario durante a pandemia avanza na toma de declaración aos supostos implicados na trama.

Unha delas é Carmen Pano, a empresaria que mantén que parte desas comisións foron entregadas por ela mesma na sede do Partido Socialista en Ferraz por indicación de Víctor de Aldama, o suposto cerebro do caso Koldo.

 "A declaración foi ben", explica Carmen Pano a preguntas dos xornalistas. 

Pano achegou no Supremo novos datos. Achega ante o xuíz o nome da persoa que supostamente a trasladou en coche á sede de Ferraz cos cartos en outubro de 2020, 90.000 euros en varias entregas. Segundo a súa versión, foi Álvaro Gallego, o chofer de Claudio Rivas, socio de Aldama na empresa de hidrocarburos, que tamén prestou declaración ante o xuíz, Leopoldo Puente. E é que supostamente os cartos serían o pagamento pola concesión dunha licenza para poder operar no sector dos hidrocarburos.

Ante o Tribunal Supremo tamén declarou a filla de Carmen Pano e o exnúmero tres do Ministerio de Transportes que fora cesado polo ministro, Óscar Puente, tras a auditoria aberta no ministerio. 

As citacións no Supremo polo caso Koldo continuarán este xoves coa declaración de Jessica Rodríguez, exparella de José Luis Ábalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade