Publicador de contidos

Publicador de contidos

A eliminatoria entre o Covadonga e o Deportivo xogarase en Ganzábal

A eliminatoria entre o Covadonga e o Deportivo xogarase en Ganzábal

O partido verase o mércores 1 de novembro en directo na G2 (17:00 horas)

G24.gal 24/10/2023 08:47

A eliminatoria entre o Covadonga e o Deportivo xa ten escenario. O partido xogarase no campo de Ganzábal (Langreo), a uns 20 quilómetros da capital ovetense, de onde é o equipo asturiano. 

Ante da imposibilidade de xogaren na súa instalación, o modesto equipo do Covadonga tivo que buscar un novo campo. A primeira opción era o Carlos Tartiere de Oviedo pero as obras no estadio impedíana. 

O equipo asturiano recibiu ofrecementos de equipos como o Caudal ou o Mosconia; tamén o Ribadeo ofreceu a súa instalación para xogar en Galicia e mesmo o Deportivo poñía Riazor á súa disposición cunhas condicións moi beneficiosas no aspecto económico para o equipo do Covadonga. 

Ao final, o elixido é o campo do Langreo, de céspede artificial. O partido xogarase o vindeiro 1 de novembro ás 17:00 horas e será retransmitido pola G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos