Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT pide aos cidadáns que non utilicen o coche na medida do posible

A DXT pide aos cidadáns que non utilicen o coche na medida do posible

A falta de subministración eléctrica non permite o funcionamento de semáforos ou paneis de sinalización

Colapso nas gasolineiras: nalgunhas non funcionaban os surtidores, outras "racionaron" o combustible

Semáforos apagados en Toledo (EFE/ Ismael Herrero)
G24.gal 28/04/2025 14:02

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pediu aos cidadáns que debido ao apagamento que afecta  toda a Península eviten circular na medida do posible, xa que a falta de subministración eléctrica non permite o funcionamento de semáforos ou paneis de sinalización. "Eviten desprazarse na medida do posible e moita precaución na estrada", recomenda a DXT na súa conta de X.

Que facer cando os sinais de tráfico non funcionan?

A primeira norma básica é actuar con moita precaución e seguir as normas básicas de tráfico, como ceder o paso en interseccións e reducir a velocidade.

Cando non funciona un semáforo, débese actuar coma se fose un sinal de 'pare'. Se o apagamento afecta todos os semáforos, débese seguir a norma das interseccións de ceder o paso aos vehículos que se aproximen pola dereita. 

Colapso nas gasolineiras

Houbo unha escena que se repetiu na maioría das estacións de servizo do pais. Coches que se aproximaban encher o depósito e que recibían a mesma resposta. Os surtidores non funcionaban por culpa do apagamento eléctrico.
A maioría das gasolineiras aparecían baleiras e nas poucas que tiñan alternativas enerxéticas para seguir funcionando formábanse colas de vehículos.

Problemas cos móbiles

A falta de electricidade causou tamén graves problemas coas comunicacións. Algúns usuarios optaron por mercar baterias externas para ampliar a vida útil dos seus móbiles.

Pero á marxe de non poder cargar os aparellos, a telefonia mobil funciona de xeito irregular dependendo das compañías e da zona. O mesmo pasa cos sistemas de mensaxeria e con internet que chegou a caer totalmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade