Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT intensificará os controis de velocidade do 4 ao 10 de agosto

A DXT intensificará os controis de velocidade do 4 ao 10 de agosto

Faranse en toda España en colaboración coas comunidades autónomas e os concellos 

Porán especial atención nos puntos con máis sinistralidade e onde haxa eventos festivos 

 

G24.gal 04/08/2025 15:17

Desde este luns ata o domingo é probable que atopen nas estradas máis controis de tráfico dos habituais. A razón é unha nova campaña da DXT, que intensificará a vixilancia para que tomemos consciencia do risco que supón o exceso de velocidade. É o terceiro factor máis determinante nos sinistros de tráfico, especialmente, nos que hai vítimas mortais, recalca Francisco Ruiz Boada, subdirector xeral de Mobilidade e Tecnoloxía da DXT.

"A velocidade é un tema para no tomalo a broma; unha freada a 50 quilómetros por hora non ten nada que ver cunha freada a 120 quilómetros por hora". 

Os controis faranse en colaboración coas comunidades autónomas e os concellos, para centrarse en puntos cun alto índice de accidentes e tamén onde haxa eventos festivos. Na última campaña deste tipo, os axentes inspeccionaron 160.000 vehículos e abriron 92.000 infraccións, aínda que insisten en que o obxectivo primordial é concienciar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar