Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT desenvolve unha campaña de control de luces e pneumáticos

A DXT desenvolve unha campaña de control de luces e pneumáticos

O 5 % dos vehículos circulan con algún defecto grave nas rodas

A DXT recomenda cambiar as luces cada 40.000 quilómetros ou cada dous anos

A sanción por cada elemento defectuoso é de 200 euros

G24.gal 23/10/2023 12:31

Chegou o mal tempo e a próxima fin de semana cambia a hora e redúcense as horas de luz. Dous factores que inflúen na sinistralidade na estrada e por iso debemos prestar atención aos elementos que nos axudan a mellorar a seguridade, como son os pneumáticos e as luces. Para concienciar os condutores da súa importancia, a DXT desenvolve esta semana unha campaña de control. Porque máis dun millón de vehículos, o 5 % do parque móbil, circulan con defectos graves nas rodas. O máis común é levalos coa profundidade do debuxo por debaixo do mínimo legal, que é de 1,6 milímetros. Dato que moitos descoñecen.

Para comprobalo, os expertos como Carlos, o responsable dun taller, aconsella non utilizar o truco do euro, senón revisar as marcas de desgaste que levan os pneumáticos.

Tamén hai que prestarlles atención ás luces. A DXT aconsella que nesta época circulemos sempre cos faros acendidos e recomenda cambiar as lámpadas. E non hai que agardar a que se fundan como cren moitos condutores, senón que a DXT recomenda cambialas cada 40.000 quilómetros ou cada dous anos. A sanción á que nos podemos enfrontar por levar mal os faros ou os pneumáticos é de 200 euros por cada elemento defectuoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade