Publicador de contidos

Publicador de contidos

A dose de reforzo de Moderna multiplica por 37 os anticorpos contra a ómicron

A dose de reforzo de Moderna multiplica por 37 os anticorpos contra a ómicron

Esta variante converterase en maioritaria o vindeiro ano en toda Europa, segundo os reguladores sanitarios da UE

Moderna comezará no primeiro trimestre do 2022 as probas dunha nova versión da súa vacina, xa adaptada completamente á ómicron

G24.gal 20/12/2021 21:31

E tamén sobre vacinas, hoxe produciuse outro anuncio esperanzador contra a variante ómicron, xusto cando se tocan os 5.000 contaxios por ela en Europa. A vacina de Moderna aumentaría considerablemente a súa protección cunha dose de reforzo. 

Nada máis e nada menos que ese reforzo multiplicaría por 37 os niveis de anticorpos contra a ómicron.

É o que anuncia a farmacéutica Moderna logo de expoñer mostras de sangue coa terceira dose a unha réplica da variante. E analizar os resultados, onde comprobaron que tódolos grupos con niveis baixos de anticorpos amosaban datos tranquilizadores ao engadir a de reforzo.

Aínda así, Moderna comezará no primeiro trimestre do 2022 as probas dunha nova versión da súa vacina, xa adaptada completamente á ómicron.

Esta variante converterase en maioritaria o vindeiro ano en toda Europa segundo os reguladores sanitarios da UE. Xa hai preto de 5.000 positivos con ela en todo o continente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar