Publicador de contidos

Publicador de contidos

A discoteca Canelas de Portonovo suspende a súa festa de Noitevella

A discoteca Canelas de Portonovo suspende a súa festa de Noitevella

Xa venderan máis de 2.000 entradas, que devolverán de xeito inmediato

Os hostaleiros de Pontevedra cifran nun 60 % as cancelacións de ceas e festas de fin de ano

G24.gal 26/12/2021 21:39

A cinco días de que remate o 2021, o aumento de contaxios está provocando a cancelación de festas e ceas propias destas datas.

A última, que coñeciamos esta mesma tarde, é a suspensión da celebración da Fin de Ano na discoteca Canelas, en Portonovo. A dirección asegura que foi unha decisión que lles custou moito tomar, xa que tiñan todo preparado para o evento.

Venderan xa 2.200 entradas que agora, din, devolverán de maneira inmediata. A dirección da discoteca, que leva pechada xa desde o día 18, confía en que actitudes responsables coma esta permitan en breve retomar a actividade nun sector especialmente tocado pola pandemia.

Nas últimas horas son moitas as anulacións de reservas en hoteis e restaurantes. Desde a Asociación Provincial de Hostaleiros de Pontevedra, cifran nun 60 % as cancelacións de ceas e festas de fin de ano. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade