Publicador de contidos

Publicador de contidos

A diabates tipo 2 aumentou un 50 % en 30 anos

A diabates tipo 2 aumentou un 50 % en 30 anos

O dato acaba de publicarse nun estudo de The British Medical Journal

G24.gal 16/01/2023 14:16

En 30 anos o número de diabéticos no mundo aumentou un 50 %. A noticia médica acaba de publicala unha prestixiosa revista científica briránica que atribúe o incremento da prevalencia da diabetes tipo 2 á proliferación dos malos hábitos de alimentación.

O estudo que abrangue un período desde 1990 ata 2019 e demostra que nese tempo a prevalencia da diabetes tipo 2 aumentou un 56 %.

Son datos moi preocupantes, segundo os endócrinos, polas consecuencias que poden ter sobre a saúde pública. Por iso piden máis implicación das autoridades sanitarias para mellorar os programas de prevención e de detección precoz.

"Isto coincide co que vemos nas consultas: moitas persoas que teñen factores de risco para diabetes tipo 2 en idades temperás e que efectivamente se diganostican", explica Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS.

E pensan que é consecuencia da obesidade e dos malos hábitos da alimentación que se estenden polo planeta.

"Países que teñen niveis de renda e niveis socioeconómicos baixos ou medios, a adopción de medios de vida das sociedades occidentais empeora moito a calidade da súa alimentación", engade Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS.

Vidas máis activas, máis froitas e verduras e menos procesados. É o método para loitar contra a obesidade e contra a diabetes, que, de non tomar medidas, se podería estender como unha epidemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade