Publicador de contidos

Publicador de contidos

A despenalización das inxurias á Coroa avanza no Senado co voto favorable do PSOE

A despenalización das inxurias á Coroa avanza no Senado co voto favorable do PSOE

A iniciativa de ERC e EH Bildu propón eliminar do Código Penal artigos referidos a delitos contra a Coroa 

A pasa ao Congreso para o seu debate e posible aprobación

G24.gal 25/05/2022 17:37 Última actualización 25/05/2022 20:56

O Senado aprobou este mércores a toma en consideración dunha proposición de lei para despenalizar as inxurias á Coroa e as ultraxes a España a proposta de ERC e EH Bildu. Foi adiante cos votos favorables do PSOE e co rexeitamento frontal do PP e Vox.

A pesar de que nun primeiro momento o portavoz socialista mostrouse crítico coa iniciativa, o PSOE acabou dando o seu apoio e inclinando a balanza para que saíse adiante na Cámara Alta con 145 votos a favor, 111 en contra e dúas abstencións.

Tras esta votación, a proposición supera o trámite da toma en consideración e pasa ao Congreso dos Deputados para o seu debate.

A iniciativa propón suprimir do Código penal artigos referidos aos delitos contra a Coroa, entre eles o 491, que impón penas de cárcere de seis meses a dous anos para quen use a imaxe do rei ou raíña ou de calquera das súas ascendentes ou descendentes e danen o prestixio da Coroa.

Durante a súa quenda de intervención, o senador socialista Artemi Rallo lembrou que o ano pasado o Congreso xa avalou unha proposta similar pero de contido "máis integrador". Rallo criticou que a iniciativa de ERC e EH Bildu ten realmente como finalidade debater sobre a lexitimidade da Monarquía.

"Os españois asistimos escandalizados a unhas noticias nada exemplarizantes e como todos esperamos respostas e explicacións. Ninguén por encima da lei", lamentou Rallo quen defendeu a postura do PSOE respecto ao pacto constituínte, pero tamén dunha "actualización" da monarquía.

Así as cousas, paer´cia que os senadores socialistas non ían dar o seu apoio ao texto, pero finalmente acabaron apoiando a proposta.

Desde o PP, que rexeitou a iniciativa, a primeira reacción foi a do seu portavoz no Senado, Javier Maroto, quen censurou en Twitter esta decisión. "Sánchez ten así uns días máis na Moncloa. Cal será o prezo de mañá?", opinou.

O Partido Popular entende que a finalidade última desta reforma do Código penal é que "salga gratis" atacar á nación.

Tamén desde as filas de Vox reprobaron a iniciativa de ERC pois pretende, en palabras da senadora Yolanda Melero, que se permitan "burlas máis soeces, crueis e ofensivas" cara á Monarquía ou símbolos de España como a bandeira.

Á senadora de ERC Laura Castel tocoulle defender a iniciativa, que considera imprescindible para que España respecte os estándares internacionais en materia de dereitos humanos.

"A lexislación española protexe á Coroa en detrimento de a liberdade de expresión", indicou, para despois defender que a inviolabilidade do rei deriva en que non se someta a ningún tipo de fiscalización salvo o da opinión pública, polo que o castigo penal a estas condutas supoñen unha restrición ao debate político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade