Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derrota no derbi co Boiro causa o descenso do San Sadurniño

A derrota no derbi co Boiro causa o descenso do San Sadurniño

Perdeu por 1–3 nun partido en que os de Ferrolterra poñían en xogo as poucas posibilidades que tiñan de permanencia

G24.gal 16/03/2022 21:14

Na Superliga de voleibol xogaba a salvación o Aldebarán Intasa de San Sadurniño perante o Rotogal Boiro. Era o primeiro match ball de dous para eles, precisaban gañar este partido e o seguinte para se salvar. 

Os de Boiro tamén tiñan un reto, chegar ao play off no mellor lugar posible. Foi un partido igualado, pero caeu do lado do Rotogal, que decantou o encontro nun emocionante terceiro set. Os dous primeiros foron repartidos para cada equipo (16–25 e 25–21). Boiro impúxose no terceiro (22–25) e sentenciou no cuarto (18–25).

O Aldebarán está virtualmente descendido de categoría, xa que logo o Emevé mantense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar