A derrota do Cisne colócao á beira do descenso
A derrota do Cisne colócao á beira do descenso
Perdeu por 29-33 en Pontevedra diante do Atlético Valladolid
A segunda aventura do Cisne na Liga Asobal parece que vai ter o mesmo desenlace que a primeira. A cincenta da categoría está ao bordo do descenso. Quedan seis puntos en xogo e ten que remontar os cinco que desvantaxe que ten co Cangas, equipo que marca o posto de play out.
Unha das últimas opcións para ter posibilidades de permanencia era no enfrontamento diante do Atlético Valladolid, outro dos conxuntos que pelexa por evitar o descenso de categoría. O Cisne fixo un bo primeiro tempo no que chegou a ter tres goles de vantaxe (8-5) pero o parcial de 0-3 nos últimos 4 minutos causaron unha desfeita (13-16 ao descanso).
Para colmo de males o segundo tempo comezou con outro 0-3 a prol dos pucelanos que pasaron a xogar cunha marxe tranquilizadora por riba dos cinco goles. Aproximouse o Cisne (21-24) mediado o segundo tempo pero foi un espellismo. O Valladolid acabou sentenciando (26-33) e os locais só maquillaron o resultado nos últimos minutos.